Escoitar

O Concello cooperará na celebración en Vigo do II Congreso da Sociedade Galega de Feridas

Responsables da organización do evento expuxeron hoxe martes ao alcalde de Vigo os detalles do II Congreso da Sociedade Galega de Feridas, que terá lugar na cidade os días 29 e 30 de maio baixo o lema "Coidas as Feridas, Esforzo Compartido". Abel Caballero trasladóulles o apoio do Concello nunhas xornadas que reunirán a uns 25-30 ponentes e máis de 400 congresistas.

martes, 21 abr 2015
1429618000congreso.JPG
O alcalde de Vigo ofreceu este martes o respaldo institucional á Sociedade Galega de Feridas (SGH) na organización e celebración do seu segundo congreso, que acollerá a Sede Social Afundación os próximos 29 e 30 de maio. "Imos cooperar", subliñou Caballero, "queremos que Vigo se constitúa nunha cidade de congresos; para nós o desenvolvemento dos congresos é un factor de atracción na cidade que queremos potenciar", afirmou.

Segundo apuntou Caballero ante os medios de comunicación, o evento reunirá a uns 20-25 ponentes e máis de 400 congresistas procedentes de dentro e fóra das nosas fronteiras, que abordarán a aplicación de coidados a pacientes con feridas crónicas e de difícil cicatrización. O Congreso afrontará o contido científico mediante talleres eminentemente prácticos, mesas redondas e simposios.

A Sociedade Galega de Feridas (SGH) naceu como punto de encontro de profesionais para a xeración e divulgación da mellor evidencia científica na prevención e tratamento deste tipo de feridas.
Descargar todas as imaxes