Escoitar

O alcalde recollerá un galardón nacional polo proxecto integral de cidade "Vigo Smart City"

Abel Caballero viaxará mañá mércores a Madrid para recoller o "Premio Smart City 2015" concedido ao Concello de Vigo polo traballo realizado nos últimos cinco anos na mellora da eficiencia da administración e na prestación de mellores servizos á cidadanía. O proxecto premiado recolle as actuacións smart da cidade en materia de humanizacións, mobilidade, medioambiente, novas tecnoloxías e innovación, entre outras.

martes, 21 abr 2015
O alcalde indicou que o concedido ao Concello de Vigo é un "premio de ámbito nacional moi importante" polo que amosou a súa "satisfacción", xa que valora o proxectos smart realizados durante os últimos cinco anos en áreas como as humanizacións, mobilidade, medioambiente, novas tecnoloxías e innovación, entre outras.

Caballero salientou que este recoñcemento foi concedido pola entidade independente Fundación SocInfo -Sociedade da Información- cun xurado de máis de 700 técnicos e directivos de empresas e administracións de toda España, valorando a mellora na eficiencia da administración viguesa e a prestación de mellores servizos á cidadanía, convertendo a Vigo nun referente a nivel nacional no ámbito das Smart Cities.

O alcalde revelou que un total de 31 proxectos se presentaron a esta convocatoria, dos que resultaron premiadas as urbes de Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, San Sebastián, Logroño, As Palmas, Córdoba, Xixón, Pozuelo de Alarcón e Arganda de Rei, mentres que quedaron fóra as candidaturas de Santander, Santiago ou Vitoria, entre outras.

Con estos premios, a Fundación SocInfo procura a divulgación dos proxectos de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación por parte das cidades baixo o concepto de Smart City, aplicados nos servizos ao cidadán e internamente para a mellora da eficacia.