venres, 24 abr 2015
Tras a celebración este venres da Xunta de Goberno Local, o alcalde de Vigo informou da aprobación da certificación final da cimentación dos nichos no cemiterio de Teis, feito polo Concello pese a ser de titularidade privada, por seguridade e polas condicións económicas dos propietarios, explicou Caballero.
venres, 24 abr 2015
Baixo o lema "O Contexto Educativo, Clave para Previr a Violencia de Xénero e Sexual na Mocidade", o Concello de Vigo organiza unhas xornadas na sala de conferencias de Afundación esta tarde e mañá sábado. Os obxectivos pasan por visibilizar entre os mozos este problema social estrutural, sensibilizar á sociedade da súa dimensión, coñecer as novas formas de violencia a través das redes sociais e formar e educar á mocidade. O alcalde, Abel Caballero, incidiu na importancia da educación para erradicar a violencia.
venres, 24 abr 2015
Abel Caballero mantivo este venres unha reunión cos responsables do club e acordaron, segundo informou posteriormente o alcalde, construir un campo de fútbol 7, o mantemento dos campos e o acondicionamento dos accesos á instalación deportiva, que xa está ser pavimentado e acondicionado.
venres, 24 abr 2015
Dirixidas a alumnos/as matriculados/as en centros docentes públicos ou privados concertados, en educación infantil (2º etapa), educación primaria e educación secundaria obrigatoria.
venres, 24 abr 2015
A Concellería de Igualdade organiza o ciclo "Tempo de seu. Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" que terá lugar na Casa Galega da Cultura durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio. "Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.
venres, 24 abr 2015
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 71 de data 16 de abril de 2015, estará en exposición pública entre os días 17 de abril ata o 2 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2015
venres, 24 abr 2015
No marco do programa "Festival Folclórico Internacional" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura e Festas coa Asociación Cultural Interfolc, informase do prazo de presentación das solicitudes no Rexistro Xeral é dende o día 24 de abril ata ás 13.30 horas do día 11 maio do presente ano.