Escoitar

O goberno de Vigo aproba a certificación final da cimentación dos nichos do cemiterio de Teis

Tras a celebración este venres da Xunta de Goberno Local, o alcalde de Vigo informou da aprobación da certificación final da cimentación dos nichos no cemiterio de Teis, feito polo Concello pese a ser de titularidade privada, por seguridade e polas condicións económicas dos propietarios, explicou Caballero.

venres, 24 abr 2015
O goberno local reforzou a cimentación para consolidar o solo existente baixo un total de 181 nichos no cemiterio de Teis, afectados por problemas de estabilidade. Pese a ser de titularidade privada, o Concello declarou este obra de interese público, puidendo así acometela, por razóns de seguridade e polas condiciós económicas dos propietarios.

Outros acordos
A Xunta de Goberno Local deu ademais luz verde ao convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), polo que o Concello apoia á entidade no seu programa de respiro familiar do 2015 para persoas con demencia neurodexenerativa.

En segundo lugar, o goberno de Vigo aprobou o convenio coa AVCD Monte da Mina para os gastos nas súas actividades e validou o convenio coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo para o fomento das súas propostas desde ano.