Escoitar

Pleno da Corporación sesión ordinaria

venres, 24 abr 2015


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 7


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 27 de ABRIL de 2015, a continuación do Pleno extraordinario convocado para as 12,00 horas, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 23.02.2014).


.- Intervención de D. Juan Lago Pérez, en representación do Clube de Fútbol San Roque Casablanca de Vigo, para explicar a problemática que sofre dita asociación. Expte. 1042/1101


2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a modificar a Lei de Inclusión de Galicia en diversos aspectos. Expte. 1062/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a eliminar o canon da auga e investir o que cobrou na cidade de Vigo. Expte. 1086/1101

5.3.- Moción do grupo municipal Socialista reprobando á Xunta de Galicia actitude discriminatoria en política subvención, esixindo idénticas achegas que outras cidades e outros acordos complementarios. Expte. 1088/1101


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do grupo municipal do BNG instando ao Alcalde para que se inclúa a cláusula de subrogación do persoal dentro do Prego de Prescricións Técnicas do contrato do servizo de xestión das Escolas Infantís Municipais mantendo os postos de traballo. Expte. 1084/1101

4.2.- Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a presentar un plan de transporte que dea cobertura a tódalas parroquias e barrios para a súa conexión co novo hospital de Vigo. Expte. 1029/1101.

4.3.- Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a cumprir cos compromisos adquiridos coa UNED e xestionar o traslado ás instalacións do Auditorio Mar de Vigo. Expte. 1054/1101.

4.4.- Moción do grupo municipal do Partido Popular instando do goberno municipal a dar explicacións sobre resolución xudicial referida ao "Ed. Asefal". Expte. 1085/1101


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos a continuación do Pleno extraordinario convocado para as 12,00 horas do día VINTE E SETE DE ABRIL, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 23 de abril de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.