O Concello aproba catro reformas no rural por 307.000 euros
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este xoves Abel Caballero, validou os proxectos de mellora das rúas Becerreira (Cabral), Estrada Portal (Valladares), Fonte Escura (Candeán) e Areeiro (Sampaio) por valor total superior aos 300.000 euros, segundo deu conta o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dos principais asuntos abordados na Xunta de Goberno Local, entre os que quixo subliñar a aprobación de catro proxectos de mellora de rúas no rural, obras que conlevan un investimento municipal de 307.000 euros. Trátase das reformas das rúas Becerreira (Cabral), Estrada Portal (Valladares), Fonte Escura (Candeán) e Areeiro (Sampaio).