Escoitar

A Escola Municipal de Teatro celebra o "Día Mundial do Teatro"

Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza unha mostra de escenas teatrais representadas por alumnos/as da Escola, que terá lugar o xoves 23 de abril , ás 18:30horas, no Auditorio do Concello de Vigo. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

mércores, 22 abr 2015
1429700360teatro.jpg
Ao comezo do acto lerase a mensaxe do Día Mundial do Teatro ( que se celebrou o 27 de marzo) cuxo autor, este ano, é o director teatral de orixe polaco Krysztof Warlikowski.
Descargar todas as imaxes

Máis información