Escoitar

Exposición "Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez"

Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) podese ver a exposición "Centenario de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Constructor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985)", organizada pola Fundación Penzol coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.

mércores, 22 abr 2015
1429700242xosemaria.jpg
O pasado 4 de febreiro cumpríronse cen anos do nacemento en Tui de Xosé María Álvarez Blázquez, exemplo de home erudito e culto, que ao longo da súa prolífica vida e coa súa inmensa capacidade de traballo, desenvolveu diferentes e complementarias actividades profesionais e vocacionais: escritor e crítico literario, editor e libreiro, arqueólogo e historiador, docente e colaborador en medios de comunicación ou conferenciante, entre outras. Facetas todas elas encarreiradas a un fin concreto: a difusión e posta en valor da nosa lingua e da nosa cultura.

A mostra pretende salientar os valiosos fondos, tanto bibliográficos como documentais, que sobre o persoeiro atesoura a Fundación Penzol, moitos deles procedentes da xenerosa doazón familiar feita a esta institución en 2012, e que nesta ocasión se complementa con outros materiais do arquivo familiar.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 17 de maio.
Descargar todas as imaxes

Máis información