Escoitar

Faladoiro sobre "Os traballos de coidados remunerados"

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves día 23 ás 19.00 horas, un faladoiro sobre "Os traballos de coidados remunerados" coa sicóloga Iria Vázquez Silva.

mércores, 22 abr 2015
1429699197ciudadosdependencia.jpg
A universalidade da dependencia, o carácter absolutamente necesario do traballo de coidado para a sostibilidade da vida humana, para o funcionamento económico e social, non foron suficientes para convertelos en obxecto de reflexión e incluílos na axenda política (a non ser moi timidamente no desenvolvemento da lei de dependencia) durante moito tempo, probablemente debido a que a persistencia da división sexual do traballo garantía que os coidados se seguiran prestando por parte das mulleres, de modo que os principais beneficiarios deses coidados –os varóns, as empresas e os estados- obviaron e obvian o traballo de coidado.

Sen embargo, o "coidado é unha proba de lume para a democracia".

Neste faladoiro tratarase de poñer os coidados no centro. Falarase a través das palabras de mulleres entrevistadas: de auxiliares de axuda a domicilio pagadas polos organismos públicos e de persoas que
coidan dun ou dunha familiar remuneradas a partir da lei de dependencia.
Descargar todas as imaxes