Escoitar

Ao longo deste mes concluirán 20 melloras que o goberno de Vigo executa no centro e no rural

O edil de Fomento informou das datas de finalización prevista para as reformas en marcha e de comezo dos traballos planificados. Segundo expuxo Regades, as obras de Ramón Nieto, Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín, Camiño Gándara, Camiño do Fondo, o acceso ao pavillón de Coruxo e a cuberta das escaleiras mecánicas quedarán abertas ao longo desta semana.

mércores, 22 abr 2015
1429703838regades.JPG
O concelleiro de Fomento, David Regades, informou este mércores que ao longo desta semana concluirán as reformas que executa o Concello de Vigo en Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín e Camiño do Fondo. Tamén quedarán finalizadas esta semana as obras no acceso ao pavillón de Coruxo, en Ramón Nieto e en Camiño Gándara; e a cuberta das escaleiras mecánicas abrirá esta mesma semana, mentres que a segunda fase pendente de construción remitiuse a Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia para que o informe e, unha vez contestado, poder iniciar o proceso de licitación o antes posible.

O goberno de Vigo prevé rematar a finais de mes as melloras en Avda Castrelos -de Portanet ao cemiterio de Pereiró-, dependendo da climatoloxía polo asfaltado, Toledo (entre finais de abril e primeira semana de maio), Coutadas e Saa.

Para maio quedarán a remodelación dos carrís exteriores da Avda Madrid (para o 8 de maio, exactamente); Atlántida, Entrada a Balsa, a rúa Bravo (Navia), os espazos públicos no barrio histórico, Aragón e Hispanidade, entre Gran Vía e Zamora, concluirán aproximadamente na primeira semana de maio.

Regades apuntou que Ramón Alonso Ojeda abrirá segundo as previsións a finais de maio, igual que a humanización de Rosalía de Castro, para finais de maio ou comezos de xuño. Pazos e entronque (a praza de Peniche) quedará concluida a finais de maio; Gregorio Espino fase 1, a mediados de maio; Gerona, na primeira quincena de maio. A Avenida de Camelias, fase 3, finalizará a finais de maio ou ppios de xuño.

A humanización de María Berdiales, pola súa banda, abrirá en xuño, tal e como informou o concelleiro. Juan Ramón Jiménez está prevista a súa conclusión para os meses de xuño ou xullo; Subida a Costa, para a primeira semana de xuño; e Baixada a Mestre Chané, Manuel Núñez e Villaverde-Pegóns, en Zamáns, podería estar acabado a comezos de xuño. A Avenida de García Barbón estase a executar en dúas fases, polo que en xuño estará aberta unha beirarrúa e en setembro a outra.

Inicio de reformas
O goberno de Vigo comezará novas remodelacións en próximas datas, segundo adiantou este mércores David Regades. A reforma en Marqués de Valterra atópase actualmente en catas arqueolóxicas -tamén comezan agora os sondeos para as humanizacións da rúa Pontevedra e a segunda fase de Canceleiro- e esta mesma semana iníciase a obra en Fontás (que concluirá en xuño), a reposición dun muro en Coutadas (que acaba en xuño ou xullo).

Varias actuacións en San Cosme, beirarrúas en Cantabria, Camiño Lagos, ampliación da terraza de Beade e a Subida a Cotogrande arrancan a próxima semana, igual que as reformas en Fonte Oscura, Estrada do Portal, Becerreira, Camiño de Riobó, Areeiro, Alto de San Cosme, a senda da auga e a dotación de máis espazos verdes na Avda da Florida.

Por último, David Regades apuntou que a obra de mellora ambiental na senda do Lagares atópase actualmente en exposición pública e arrancarán os traballos cando conclúa este trámite, aproximadamente na segunda semana do mes de maio. O paseo é un "referente" para Vigo e sumará bancos, papeleiras, unha mellora do firme e unha novidosa iluminación con balizas de menos dun metro de altura, menos invasiva para flora e fauna, e con sensores para que se acendan co paso de xente.
Descargar todas as imaxes