O goberno de Vigo reedita o convenio con FOANPAS para conceder 5.000 axudas de libros e comedor escolar
O alcalde de Vigo rubricou na tarde de onte mércores o convenio cos responsables da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo, segundo o cal o Concello adica máis de 606.000 euros a financiar actividades formativas e extraescolares e as achegas para libros e comedor. Abel Caballero explicou que o goberno que preside concede 5.000 bolsas de libros e comedor escolar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este xoves da sinatura do convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo (FOANPAS), por importe algo superior aos 606.000 euros, para sufragar parte das 5.000 bolsas de libros e comedor escolar que concede o goberno de Vigo.
Mediante o acordo coa Federación, e a través da mesma entidade, o goberno local costea tantos as axudas económicas para libros e comedor escolar como o funcionamento e xestión da propia FOANPAS, actividades extraescolares, accións formativas para nais e pais e a prestación de servizos a comedores de ensino infantil e primaria. O convenio financia 30 comedores, 700 escolares de aulas matinais e as actividades extraescolares de 9.000 alumnos.
No tocante ás bolsas, o alcalde explicou que os beneficiarios para o comedor dos colexios públicos comen de balde, mentres que o resto disponen dunha axuda do Concello do 20% do coste do menú.
Descargar todas as imaxes