Escoitar

"Tempo de Seu", relatorios sobre as mulleres

A Concellería de Igualdade organiza o ciclo "Tempo de seu. Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" que terá lugar na Casa Galega da Cultura durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio. "Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.

venres, 24 abr 2015
Obxectivos
Prover de coñecementos saudables as mulleres do noso contorno, dende un punto de vista intelectual e físico.
Axudar a comprender as competencias actuais das mulleres cunha perspectiva histórica.
Dar visibilidade a novos tratamentos físicos para as mulleres dentro do respecto aos seus corpos.
Promover un espazo de intercambio interxeracional entre mulleres.

Programa
.- Luns, 4 de maio ás 19:30h: "Mulleres na fronte e na retagarda". Relatorio impartido por Oliva Blanco. Docente de Literatura en Ensinanza Media en Asturias, Albacete e Madrid. Pertence ao Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense.
.- Martes, 5 de maio ás 19:30h: "Mulleres que contan: Sofía Casanova". Relatorio impartido por Ángela Nantes. Historiadora da Arte, con D.E.A en "Estudos das mulleres" pola Universidade de Oviedo.
.- Mércores, 6 de maio ás 19:30h: "100 anos do movemento internacional de mulleres en favor da paz". Relatorio impartido por Elvira Landín. Avogada laboralista viguesa cunha ampla experiencia en prol dos dereitos humanos; coautora do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"
.- Xoves, 7 de maio ás 19:30h: "A Gran Guerra como cambio na saúde sexual e reprodutiva das mulleres". Relatorio impartido por Marta Bernárdez. Matrona viguesa

Entrada libre ata completar aforo.

Lugar: Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2)