Escoitar

Imposto sobre Actividades Económicas

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 71 de data 16 de abril de 2015, estará en exposición pública entre os días 17 de abril ata o 2 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2015

venres, 24 abr 2015
As e os interesados poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.