Escoitar

Pleno, sesión extraordinaria

venres, 24 abr 2015
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 6


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 27 DE ABRIL de 2015, ás DOCE HORAS, no salón de sesións deste Concello.


ÚNICO.- Sorteo de formación das MESAS ELECTORAIS para as vindeiras Eleccións locais de conformidade co disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral e Instrución da Xunta Electoral Central.




DECRETO: De conformidade co artigo 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, convócase SESIÓN EXTRAORDINARIA para o PLENO que terá lugar o día 27 de ABRIL de 2015, ás DOCE HORAS, no salón de sesións deste Concello, coa orde do día que figura anteriormente.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 23 de abril de 2015

O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda