Escoitar

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE ACTIVIDADES XUVENÍS

venres, 24 abr 2015
Convoca: Concellería de Xuventude. Concello de Vigo.
Requisitos: Poderán solicitar e obter estas axudas :
a) Asociacións xuvenís e/ou entidades xuvenís sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá) ou ben que soliciten simultaneamente a súa inscrición no citado Rexistro.
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as* –100% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Vigo (Dpto. Participación Cidadá).

c)Grupos de mozos/as* non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.
* Entenderase que a idade máxima para ser considerado/a mozo/a será de ata 35 anos, incluídos.

Contido: Serán gastos subvencionables os que de xeito indubidable se ocasionen nas entidades e/ou colectivos xuvenís, polo desenvolvemento, realización e participación en programas e proxectos xuvenís: actuacións dirixidas ao fomento e á participación do colectivo mozo e que se desenvolvan e realicen dentro do termo municipal de Vigo, programas de animación sociocultural e de carácter formativo e/ou preventivo, actividades de tempo libre e de lecer, actividades relacionadas coa cultura e a creatividade xuvenil e, en xeral, todos aqueles proxectos que se relacionen co ámbito de actuación da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo.

Prazo e presentación de solicitudes: Publicado no BOP do 16 de abril de 2015. O prazo será ata o 16 de maio de 2015. A presente convocatoria e as súas bases reguladoras, así como o modelo de solicitude e demais modelos normalizados que constitúen os seus anexos, necesarios para a demanda e xustificación destas axudas, facilitaranse na Oficina de Información do Concello de Vigo, nas oficinas da Concellería de Xuventude e na propia páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org) e na web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org).

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31. 986/294806) e www.xuventudevigo.org e, www.vigo.org