martes, 11 mar 2025
O alcalde recibiu hoxe no Salón de Plenos do Concello aos 50 alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP Illas Cíes que participan no programa didáctico "Visita ou teu concello" . Explicoulles o funcionamento da administración municipal e a importancia da actividade e das decisións que adopta cada día o Concello para garantir o benestar da cidadanía de Vigo. Ao longo do curso máis de 2.000 escolares da cidade participan na iniciativa didáctica municipal para fomentar o coñecemento do Concello de Vigo.
martes, 11 mar 2025
O Concello convocou esta mañá un minuto de silencio cando se cumpren 21 anos desde os terribles atentados que custaron a vida a 193 persoas en Madrid. Con motivo do Día Europeo en Memoria das vítimas do terrorismo, a Corporación concentrouse na Praza do Rei en sinal de recordo solidario cos afectados polos atentados e as súas familias.
martes, 11 mar 2025
Abel Caballero presentou hoxe, con Carmela Silva, Ana Laura Iglesias, Olga Alonso, Ángel Rivas, e co presidente, o secretario e o membro da Asociación de Veciños Casco Vello, José Fumega, Fiz Axeitos e Gonzalo García, os carteis e o programa da festa da Reconquista. “É unha das grandes festas de Vigo e de Galicia”, reivindicou animando á cidadanía para participar con vestimentas de época.
martes, 11 mar 2025
O alcalde anunciou este martes que os seis bombeiros e os nove policías de Vigo que traballaron en Valencia tras a DANA, o CEO de PROFAND, Enrique García Chillón, e a Coral de María Auxiliadora, recibirán o vindeiro mércores 26 de marzo o galardón de Viguesas e Vigueses Distinguidos.
martes, 11 mar 2025
Abel Caballero lembrou este martes o centenario acordo adoptado pola Corporación Municipal presidida por Gregorio Espino polo que o Concello aceptaba a doazón, por parte do Marqués de Alcedo, da “marabilla” do Pazo de Castrelos, “unha das grandes xoias arquitectónicas de Galicia”, para que permanecese “para sempre” para uso e goce da cidadanía.
luns, 10 mar 2025
Abel Caballero avanzou que o Ceip A Doblada e a Escola de Educación Infantil Vila Laura serán recoñecidos co premio Vigués Distinguido na gala que se celebrará o vindeiro 26 de marzo.
venres, 7 mar 2025
Abel Caballero participou este venres na inauguración da IV Conferencia de Cámaras de Comercio do Arco Atlántico, que reúne en Vigo a representantes empresariais e institucionais das rexións atlánticas europeas.
xoves, 6 mar 2025
Desde este xoves están en funcionamento as tres ramplas mecánicas que conectan a zona de Gandarón e Severino Covas con Ramón Nieto a través do Colexio Losada, unha obra financiada con Fondos Europeos Next Generation que inclúe a humanización da contorna.
xoves, 6 mar 2025
Do 12 ao 16 de marzo, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá máis de 20.000 metros cadrados de exposición. Esta mañá, Abel Caballero, acompañado de José Enrique Elvira e José Manuel Fernández Alvariño, director e presidente do Comité organizador do certame, presentaron as novidades desta edición.
mércores, 5 mar 2025
O alcalde amosoulle esta mañá ao presidente do CSD, José Manuel Rodríguez Uribes, o estadio municipal de Balaídos. Vigo “xoga con vantaxe” porque só “ten que completar o aforo” mentres que “hai sedes recoñecidas que teñen que facer un estadio novo”, explicou Uribes.