O Goberno concede 124 novas axudas de emerxencia
mércores, 25 out 2023Abel Caballero anunciou este mércores que a Comisión de Axudas de Emerxencia desta semana, concedeu apoio a outros 124 demandantes de asistencia
Abel Caballero anunciou este mércores que a Comisión de Axudas de Emerxencia desta semana, concedeu apoio a outros 124 demandantes de asistencia
“O que hai” é o título da exposición presentada este martes na Fundación Laxeiro por Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez. Aberta desde mañá, 25 de outubro, ata o 11 de febreiro de 2024, a mostra, que exhibe a obra de catro novos artistas, é a primeira produción resultado do convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Vigo e a fundación municipal.
O alcalde informou esta mañá da montaxe dos “grandes elementos” que se están instalando en Policarpo Sanz. Caballero avanza que o acendido de Nadal será durante o mes de novembro.
Abel Caballero reafirmou este martes, coincidindo coa celebración do “Día das Bibliotecas”, a “vocación” tanto de contar coa Biblioteca Central, xa asignada polo Goberno, así como coa de Teis.
Abel Caballero e os concelleiros Javier Pardo e Elena Espinosa inauguraron este luns a primeira fase das obras de humanización da avenida Clara Campoamor que supuxeron un investimento de 423.000 euros. O alcalde anunciou a transformación do viario "nunha gran avenida".
A Comisión municipal de axudas de emerxencia resolveu a semana pasada a concesión doutras novas 75 solicitudes.
Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello fixa un horario ininterrompido desde o 29 de outubro ata o 1 de novembro.
O alcalde recibiu no Salón de Plenos a un grupo de escolares de 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria que participan no programa "Coñece o teu Concello" a través do cal achéganse ás instalacións municipais e ao labor do Concello na cidade. Nenas e nenos aproveitaron a ocasión para preguntarlle a Abel Caballero polo seu traballo e polo funcionamento do Pleno Municipal
O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional de loita conta o cancro de mama, que se celebra este xoves, 19 de outubro, iluminando de morado as fontes da rúa Aragón. E o venres, con motivo do Día Internacional da Mastocitose e as Patoloxías Mastocitarias as fontes volverán lucir a cor morada para conciencias sobre a realidade das persoas e as familias que conviven con estas enfermidades pouco frecuentes.
Abel Caballero e os concelleiros da área de Cultura, Carmela Silva e Gorka Gómez, presentaron esta mañá o programa da nova temporada outono-inverno do Auditorio Mar de Vigo. O alcalde explicou que a “excepcional” programación cumpre co obxectivo de converter ao escenario vigués en referencia “imprescindible” do desenvolvemento musical e cultural de toda Galicia.