luns, 9 out 2023
Abel Caballero anunciou este luns que o Concello aprobará no pleno extraordinario do mércores 11 de outubro unha modificación de crédito para ás axudas ás familias destinado a comprar os libros de texto dos escolares. O goberno local investirá 5.842.000 euros.
venres, 6 out 2023
Abel Caballero anunciou este venres que a Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobará o vindeiro martes 10 a cesión de terreos do Monte da Serra, en Sárdoma, por parte da Asociación de Veciños de San Pedro de Sárdoma-O Carballo.
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero e os concelleiros do área de Cultura Carmela Silva e Gorka Gómez presentaron este xoves o programa de oito concertos, co título “Orixes”, deseñado pola Orquestra Vigo 430para a tempada 2023 e 2024.
xoves, 5 out 2023
O rexedor mostrou a súa satisfacción ca elección de España como anfitrioa da Copa do Mundo, destacando que “sabemos que o noso proxecto é moi sólido e consistente, contando con garantías de bo funcionamento”
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero e a concelleira María del Carmen Lago inauguraron este xoves a humanización da rúa Tercio de Afora, que conecta as rúas Urzáiz con Escultor Gregorio Espino. A obra, que contou cun investimento de 274.000 euros, proporciona aos veciños un cambio transcendente nunha área que, segundo o alcalde, atopábase “nun estado lamentable”.
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero expresou este xoves o seu pesar pola morte do “gran empresario, gran vigués, e gran persoa ” José Silveira Cañizares, fundador do Grupo Nosa Terra 21. O alcalde trasladou as súas condolencias á familia do falecido e remarcou que o emprendedor foi recoñecido en 2017 como “Vigués Distinguido”.
O rexedor destacou que José Silveira creou un grupo empresarial en Vigo “desde a nada” co que contribuíu a potenciar a economía de Vigo. Lembrou que foi o “primeiro gran empresario navieiro” e propietario do Hospital Povisa. Caballero incidiu no recoñecemento como empresario e na súa dimensión persoal, “porque era unha gran persoa, que quería á cidade” onde chegou desde a súa Estremadura natal na década dos anos 60 do século pasado. “Teño unha gran tristeza persoal polo seu falecemento”, afirmou.
mércores, 4 out 2023
Abel Caballero e os tenentes de alcaldía, Carmela Silva e Javier Pardo, colocaron este mércores a primeira pedra das obras de arranque da mellora integral do parque Nelson Mandela de Navia. Conta cun investimento de 1,5 millóns de euros.
mércores, 4 out 2023
O alcalde asistiu á Feira de Conxemar xunto ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. O mandatario do Goberno de España achegouse a Vigo para participar na feira de peixe conxelado "máis importante do mundo", tal e como expresou durante estes días Abel Caballero. Os representantes institucionais percorreron os distintos stands onde puideron observar de primeira man o "produto de calidade" que se está a comercializar estes días no Instituto Feiral de Vigo. Conxemar bateu récords de postos e países participantes nesta 24º edición na que a Food and Agriculture Organization (FAO) estivo presente nos actos inaugurais do evento. O alcalde abrazou estes días a idea de que axencia da ONU manteña una representación e oficina permanente na cidade de Vigo "como capital mundial da pesca".
martes, 3 out 2023
Abel Caballero explicou este martes que a execución de fondos procedentes dos convenios das Áreas de Rehabilitación Integral, ARIS, do Ministerio de Transporte, Moviilidad e Axenda Urbana, colocan a Vigo como a cidade que máis recursos está a dedicar, en proporción ao seu tamaño, dentro dos plans estatais de vivenda. O total de axudas concedidas ata o de agora ascende a 14,6 millóns de euros.
martes, 3 out 2023
Abel Caballero tamén informou na mañá de hoxe que a ocupación hoteleira da pasada fin de semana alcanzou o 70,5%.