Escoitar

Vigo rexistrou os mellores datos de ocupación hosteleira da historia do mes de maio

O pasado maio os hoteis de Vigo rexistraron as mellores cifras de ocupación deste mes con preto do 70 por cento e un aumento de 7,2 puntos con respecto a 2024. “Seguimos batendo récords de afluencia turística na cidade”, afirmou o alcalde ao debullar os últimos datos.

mércores, 4 xuñ 2025

Abel Caballero destacou este martes que as cifras do mes pasado consolidan a maio de 2025 cos “mellores datos de ocupación hostaleira de Vigo na historia”. Recalcou que este ano se superou en 3,3 puntos aos rexistros de 2019, que foron os mellores dos últimos anos. A estancia media dos visitantes nos hoteis foi de 1,82 días, explicou o alcalde.

Do total de visitantes, o 49 por cento son nacionais, o 11 por cento do resto de Galicia, e o 40 por cento internacionais. “Algo moi notable, unha afluencia de turistas de Estados Unidos, co 16,6 por cento”, indicou o alcalde ao apuntar que o 18,4 por cento proceden de Portugal; o 6,5 de Italia; o 9,3 do Reino Unido; o 6,1 de Alemaña e o 3,3 por cento de Francia.

Ante estes datos Caballero afirmou que “Vigo é neste momento unha potencia turística en España".

Descargar todas as imaxes