martes, 3 xuñ 2025
A humanización da Avenida de Madrid prosegue coa retirada do actual alumeado, o que suporá cortes de tráfico puntuais desde este xoves 5 de xuño. O importe da gran transformación desta arteria da cidade elévase a preto de 17 millóns de euros.
martes, 3 xuñ 2025
Abel Caballero presenciou esta mañá un dos 30 concertos que inclúe a segunda edición do programa.
martes, 3 xuñ 2025
Abel Caballero e Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria, presentaron este martes o novo volume da colección que estuda e recolle a toponimia de Teis nun proxecto de colaboración que procura a divulgación do patrimonio vigués.
martes, 3 xuñ 2025
O próximo sábado 14 de xuño o autobús nocturno alcanza o seu primeiro ano de actividade en Vigo duplicando o seu uso fronte ao modelo anterior ao alcanzar os 115.000 desprazamentos. Así o anunciou este martes o alcalde ao destacar o “resultado espectacular e excepcional” do servizo.
martes, 3 xuñ 2025
Abel Caballero destacou este martes ante os 40 alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro de Secundaria do colexio Eleven School, que participan na actividade didáctica " Visita o teu Concello", a importancia para o seu futuro da aprendizaxe que reciben en inglés e que fomenta o Concello de Vigo coas becas de idiomas que cada ano melloran os coñecementos de preto de 2.000 estudantes da cidade. O alcalde, e a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, transmitiron ao estudantado o traballo que se desenvolve no Concello para o benestar da cidadanía e para proporcionar servizos de calidade. Animoulles a estudar para que quen queira poida ser alcalde da cidade, "que é o mellor que lle pode pasar a unha persoa".