O rexedor anima a gozar de Vigo aos 160 estudantes de 10 países que participan nas Olimpíadas Globeducate 2024

xoves, 21 nov 2024

"A vosa formación e estudos van marcar toda a vosa vida. O que facedes hoxe aquí é unha parte central do que vos vai suceder nos próximos 50 anos". É a mensaxe central que dirixiu o alcalde de Vigo aos 160 alumnos de dez países que participan nas Olimpíadas Académicas Globeducate 2024, organizadas polo colexio O Castro British International School no Auditorio Mar de Vigo. Nun discurso, dirixido en inglés e castelán, o rexedor incidiu na transcendencia de dominar distintos idiomas, ademais de transmitirlles o seu desexo de que gocen da "fantástica" cidade de Vigo.

As fontes de Aragón ilumínanse de laranxa polo Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica

mércores, 20 nov 2024

O Concello súmase este mércores 20 de novembro á conmemoración do Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica coa iluminación en laranxa das fontes de Aragón. A EPOC ten unha alta prevalencia, afectando ao 16,8 por cento dos adultos de máis de 40 anos; e supón aproximadamente un 15 por cento das consultas de Atención Primaria e o 30 por cento dos servizos de Pneumoloxía.

Caballero explica ao alumnado do CEIP Sárdoma Moledo a transcendencia da actividade municipal

martes, 19 nov 2024

O alcalde explicou este martes aos 34 alumnos de quinto e sexto curso do CEIP Sárdoma Moledo que participan nas visitas guiadas ás principais dependencias do edificio consistorial, dentro do programa municipal "Visita ou teu Concello", a transcendencia para a vida da cidadanía viguesa de cada unha das decisións que se adoptan na institución local. Caballero animou ao estudantado para aplicarse na súa formación. No programa didáctico participan máis de 2.5000 estudantes de 50 centros docentes da cidade.

O Concello envía a Paiporta 10 efectivos da Policía Local

luns, 18 nov 2024

O Concello de Vigo continúa coa colaboración cos afectados pola DANA en Levante coa incorporación, a partir de mañá martes, de dez axentes da Policía Local aos labores de auxilio aos veciños de Paiporta. “Vigo segue presente na solidariedade”, afirmou Abel Caballero.