Escoitar

O luns 16 de xuño comeza o servicio especial ás praias con dez liñas ata Samil e O Vao

O vindeiro luns 16 de xuño arrincará o servizo especial de reforzo do transporte público urbano ás praias de Vigo. Estará operativo durante toda a semana ata setembro para facilitar á cidadanía unha alternativa cómoda, segura e sostible ao vehículo privado. “Dez liñas que chegan directamente ás praias”, destacou o alcalde.

mércores, 11 xuñ 2025

As liñas do transporte urbano C3i, C3d, LC4 e L23 contarán con percorridos ampliados ata as praias de Samil e O Vao durante todo o verán. Completarán a oferta que xa prestan ata os areais as liñas L10, L11, L12A, L15B e L15C.

Durante o verán de 2024 un total de 380.000 viaxeiros desprazáronse ás praias de Vigo no autobús urbano que facilita o acceso aos areais desde calquera punto da cidade con dous transbordos gratuítos en 45 minutos co uso da tarxeta PassVigo.

Abel Caballero destacou que os usuarios do transporte urbano poderán desprazarse desde todas as zonas da cidade ata as praias de Samil ou Vao pagando un billete, coa PassVigo.

Descargar todas as imaxes