martes, 10 xuñ 2025
Un informe elaborado por Zona Franca destaca que deses 847 millóns, 230 correspóndense con expositores galegos e cifra en 163 millóns o volume de negocio proxectado en Vigo e na súa área. As instalacións do Consorcio acolleron esta mañá a presentación das conclusións do estudo de impacto socioeconómico da última edición de Conxemar.
martes, 10 xuñ 2025
É unha das novidades da XXV edición do festival que se celebra entre o 7 e o 10 de agosto en Samil onde se presentou este martes. Seis pilotos competirán nesta disciplina que se executará sobre dúas ramplas alcanzando os 14 ou 15 metros de altura.
martes, 10 xuñ 2025
Este xoves 12 de xuño celébrase un Pleno Extraordinario no que se instará á Xunta a iniciar de xeito inmediato o proceso para a implantación do grao en Medicina e que estea operativo no curso 2027/2028, achegando un financiamento adicional ao que recibe a Universidade de Vigo.
martes, 10 xuñ 2025
No marco dunha visita de cortesía, Abel Caballero mantivo un encontro este martes con Eulalia González Peña, subdirectora xeral do gabinete técnico da Policía Nacional, acompañada de parte do seu equipo, con quen puido abordar a operatividade da Policía Nacional e a importancia da súa colaboración co corpo da Policía Local da cidade, unha cooperación que o rexedor pon en valor polo seu alcance positivo.
martes, 10 xuñ 2025
O alcalde saudou este martes aos participantes nas xornadas dos coordinadores informáticos das direccións provinciais do SEPE de toda España que se celebran en Vigo. Durante dous días, analizan os novos proxectos informáticos do organismo.
martes, 10 xuñ 2025
O alcalde mantivo un encontro este martes coa organización da novena edición da Nocturna Correndo por Vigo no que participaron a Asociación de Comerciantes das Travesas Aetravi, o Mercado das Travesas, Máis que Auga e o Centro Comercial Camelias. O evento está incluído no circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo e terá lugar este sábado 14 de xuño desde as 20:30 horas con saída desde a Avenida da Florida, 41.