Escoitar

Inaugurada a nova humanización da rúa Teixugueiras cun investimento de 2,7 millóns

O alcalde inaugurou este luns a primeira fase das obras de humanización realizadas en Navia, entre a rúa Limpiño e a conexión coa estrada VG20, que conta cun investimento de 2,7 millóns de euros. Os traballos incluíron a mellora da mobilidade, dos espazos destinados aos peóns e a substitución de redes. O alcalde anunciou que a segunda fase comenzarán de forma "inmediata".

luns, 9 xuñ 2025

As obras de humanización inauguradas hoxe na rúa Teixugueiras, que conlevan a plantación de 100 árbores novas, a ampliación das beirarrúas, a instalación dunha fonte na rotonda e dun cubo de arte dixital interactivo, terá continuidade no resto do vial. Cun orzamento de 2,7 millóns, mellorouse a mobilidade e procedeuse á substitución da redes dos distintos servizos.

Durante a súa intervención, Abel Caballero puxo en valor os traballos de humanización realizados nos últimos anos en Navia. Desde 2007, o Concello, ademais de mellorar as redes de servizos, as beirarrúas ou as vías, dotou a Navia cun pavillón, unha piscina, un campo de fútbol, dous parques de xogos infantís, ademais dun sala de lectura-biblioteca. A estas melloras súmase a remodelación do parque Nelson Mandela, cun investimento de 1,5 millóns de euros. En total, o goberno local investiu máis de 4 millóns de euros entre as melloras do parque Nelson Mandela e a mellora da rúa Teixugueiras.

Humanizacións

Entre as obras realizadas en Navia atópanse a mellora da accesibilidade peonil na rotonda da Avenida de Europa, o acceso desde a VG-20 e o o aparcamento no polideportivo. A estas hai que sumar as actuacións nas rúas Xuncal, Bravo, Teixugueiras ou a remodelación da Alameda Emilio Crespo Cano.

Centros educativos

O Concello dotou a Navia dunha Escola Infantil, unha biblioteca-sala de lectura e cubriu o patio do CEIP Rodríguez Castelao. Amais, Caballero lembrou que a parcela onde se construirá o novo instituto Domingo Villar foi cedida polo Concello de Vigo.

Instalacións deportivas

Entre as melloras atópanse os equipamentos deportivos co campo de fútbol, o pavillón polideportivo, as instalacións do Máis que auga, o Parque de BMX, Skate e Roller, a pista deportiva ou a zona de xogos de mesa.

Parques infantiles e biosaludables

Navia conta desde 2007 cos parques Nelson Mandela, San Paio, o de Teixugueiras que conta con 5 zonas de lecer e máis o de enerxías renovables.

 

 

 

Descargar todas as imaxes