O alcalde aborda co ministro de Xustiza o mantenemento dos 8 xulgados de instrucción e o aumento dos de violencia de xénero
Abel Caballero expresou hoxe a súa confianza en que a Xustiza de Vigo manterá os oito xulgados de instrución que están operativos na actualidade, aos que sumará outro novo de Violencia sobre a muller. Caballero fixo estas declaracións tras as conversacións mantidas nos dous últimos días co ministro de Xustiza, Félix Bolaños, sobre o Real Decreto que establece a creación de 50 novas prazas de xuíces e 42 de fiscais especializados en Violencia sobre a Muller en toda España.

O alcalde, tras os contactos desenvolvidos co ministro de Xustiza, avanza que traballará con Félix Bolaños para buscar a fórmula para que o novo decreto de xulgado que entrará en vigor no outono manteña os oito xulgados de instrución que existen na actualidade en Vigo e aumente os órganos xudiciais dos de delitos de violencia contra a muller. “O ministro e eu imos traballar xuntos e seguirei defendendo a esta cidade, co optimismo de que temos que conseguir que Vigo manteña os xulgados de instrución porque temos o número de causas suficientes e porque moitas veces son dunha especial complexidade”, explicou Caballero.