Escoitar

Vigo Vertical gañará unha nova infraestrutura con catro ramplas en Pintor Colmeiro

O goberno municipal adxudicará mañá a obra das ramplas mecánicas de Pintor Colmeiro cun importe de 2,5 millóns de euros. O proxecto incluirá a humanización da rúa, o que permitirá gañar espazo peonil e mellorar a seguridade viaria

xoves, 5 xuñ 2025

Abel Caballero avanzou que mañá quedará adxudicada a obra de instalación de catro ramplas mecánicas en Pintor Colmeiro, entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona. Cun importe de superior aos 2,5 millóns, está obra permitirá salvar unha pendente superior ao 10% e facilitará o acceso ao centro de saúde.

Os elementos mecánicos irán cubertos cunha estrutura de pórticos lateral, de tal xeito que a rampla mecánica estará aberta cara ás fachadas das vivendas. Está prevista, ademais, a humanización da rúa na que se gaña superficie para os peóns, ademais de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria. Segundo detallou Caballero, renovaranse os servizos de saneamento e abastecemento, instalarase unha nova pavimentación, novas luminarias e mobiliario urbano.

Descargar todas as imaxes