O Concello impulsa o segundo Programa de edificación forzosa do Casco Vello
A nova edición desta iniciativa municipal incorpora 24 inmobles do Casco Vello que acabarán saíndo a poxa pública para ser edificados de xeito forzoso. O obxectivo é consolidar a estrutura urbana existente na zona centro e promover que os propietarios exerzan a súa obriga de edificación de soares baleiros.

O Consello da Xerencia de Urbanismo dará conta a semana que vén do inicio do proceso para aprobar o segundo Programa de edificación forzosa do Casco Vello, que permitirá a incorporación de 24 edificacións. O obxectivo do programa é compactar a cidade; é dicir, consolidar a estrutura urbana existente na zona centro mediante a edificación de soares baleiros e promover que os propietarios exerzan a súa obriga de edificación. Neste segundo programa están inscritos 24 inmobles e, nestes momentos, estamos ultimando os expedientes para aprobar o programa inicialmente. A continuación, abrirase un prazo de información pública e, unha vez resoltas as eventuais alegacións, aprobarase o programa de forma definitiva. Caballero explicou que o Concello disporá dun ano para sacar estes soares á puxa pública.
Na súa intervención, o alcalde lembrou que no primeiro de edificación inscribíronse 38 inmobles dos que se rehabilitaron case o 60% ou están en trámite de facelo. Este novo rexistro para 2025 incorpora 9 inmobles que xa formaron parte do primeiro programa e non foron edificados e 15 novos edificios. “Non imos deixar que soares que levan así dez, quince, vinte e trinta anos en ruínas e sen edificar permanezan nunha situación que degrada todo o Casco Vello”, asegurou o rexedor.