Escoitar

Caballero reclama as competencias en vivenda para poder construír pisos de protección

O alcalde criticou a actitude de Alfonso Rueda, por rexeitar a proposta en materia de vivenda que Pedro Sánchez realizou na última Conferencia de Presidentes. Acusouno de defender ao seu partido e non os intereses da cidade.

luns, 9 xuñ 2025

O alcalde acusou esta mañá ao presidente da Xunta de “traizoar” a Vigo e a Galicia tras rexeitar na pasada Conferencia de Presidentes unha proposta do Goberno de pagar o 62% de cada vivenda de protección construída na cidade. Deste xeito, a Xunta só tería que achegar o 38% dese financiamento. “Incomprensiblemente dixo que non, como llo vai explicar aos 6.000 demandantes de emprego da cidade?”, cuestionou Caballero.

O rexedor criticou que Rueda asumise a postura do seu partido político en lugar de defender os intereses da cidade. Fronte a esta situación, anunciou o envío de senllas cartas, unha dirixida ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para transmitir o seu interese en recibir a cota que lle correspondería a Vigo dos fondos ofertados e, outra, ao presidente da Xunta reclamando a cesión das competencias en materia de vivenda. Aclarou Caballero que o goberno local asumiría a construción desas vivendas pero “precisamos autorización da Xunta para exercer esa competencia”, lembrou.

Descargar todas as imaxes