Escoitar

A renovada Praza do Balado gaña zona axardinada e espazo peonil

As obras de humanización da Praza do Balado supuxeron unha actuación en 720m2 que permitiu aumentar a zona para peóns. Ademais da renovación de redes, luminarias ou pavimentos, o Concello ampliou a zona axardinada mantendo a árbore de gran porte do renovado espazo.

mércores, 11 xuñ 2025

O alcalde participou esta mañá na inauguración da nova Praza do Balado onde se actuou nun ámbito de 720 m2 entre as rúas Rosalía de Castro e Areal. Segundo detallou, realizouse unha nova ordenación do espazo gañando superficie para uso cidadá e mellorando a accesibilidade. Renováronse pavimentos, redes e luminarias e instaláronse ramplas accesibles e novo mobiliario urbano con bancos de pedra e papeleiras. Ademais, aumentouse o espazo axardinado mantendo a grande árbore que preside a praza.

No transcurso dos traballos, lembrou o rexedor, apareceron restos arqueolóxicos que atrasaron os prazos de obra e obrigaron a modificar o contrato. Concretamente, emerxeron restos das antigas salinas, dun muro medieval, unha tumba romana ou cerámicas e fibelas de cinto romanas. Estes achados foron referenciados e conservados baixo terra como corresponde, explicou Caballero.

 

Descargar todas as imaxes