luns, 11 dec 2023
Abel Caballero anunciou este luns que a XIX edición de Vigolandia, que se celebrará do 26 ao 30 de decembro no Instituto Feiral de Vigo, garante cinco días de lecer e diversión combinado con iniciativas educativas.
luns, 11 dec 2023
A Xunta de Goberno adxudicou este luns á empresa Prace, Servizos e Obras S.A. a contratación das obras de construción da nova conexión por ramplas mecánicas entre o Colexio Losada e a Avenida de Ramón Nieto. O Concello fixa un prazo de nove meses para executar un proxecto orzamentado en 2.305.531 euros.
luns, 11 dec 2023
Abel Caballero anunciou que o Concello participará na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado con fondos europeos Next Generation EU, co obxectivo de ter unha xestión 4.0 e seguir mellorando o ciclo integral da auga.
xoves, 7 dec 2023
O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.
xoves, 7 dec 2023
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello comunicou aos colexios o nome dos beneficiarios das bolsas de comedor. Apuntou que se concederon un total de 3.963 axudas, 403 máis que o curso pasado. A administración municipal dedica, neste curso, 2.500.00 euros a sufragar os gastos de comedor dos estudantes de Vigo.
xoves, 7 dec 2023
A décimo quinta edición da Vigo+11 vaise disputar este domingo ás 10:30horas con saída e chegada na Praza da Tellada, en Coia, onde se sitúa a
instalación deportiva municipal de Máis que Auga, saída e meta da carreira. Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado na presentación da proba atlética por Fran Cortegoso, director xeral de Máis que Auga, e David Posada, delegado en Vigo da Federación Galega de
Atletismo, e tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández.
martes, 5 dec 2023
Abel Caballero apelou este martes á necesidade de acometer a segunda quenda da descentralización de competencias do Estado para corrixir a “anomalía democrática” que representa para os concellos ocupar un maior espazo social, ofrecer máis servizos e apoios á cidadanía, mentres se ven progresivamente “máis constrinxidos” polas comunidades autónomas. A reclamación de “articular mecanismos que modifiquen” a situación actual pola que as comunidades autónomas aproban leis “abusivas” contra os concellos cedéndolles competencias sen os correspondentes recursos económicos, “incumprindo a Constitución”, foi exposta polo alcalde de Vigo durante a celebración no MARCO do acto central de Galicia en conmemoración do Día da Constitución.
luns, 4 dec 2023
Abel Caballero explicou este luns aos receptores do diploma que lles acredita como voluntarios que o Concello quere converter a Vigo nesta lexislatura na “Cidade do voluntariado”. Ao entregarlles o diploma que certifica a formación básica recibida polo axuntamento de Vigo, tamén destacou o traballo que realizan os que perceptores dos diplomas tanto para un bo acompañamento a persoas maiores, menores e con discapacidades, así como en habilidades de comunicación, en primeiros auxilios, entre outros.
luns, 4 dec 2023
O Seis do Nadal celebrará este mércores, 6 de decembro, a súa festa de 40 aniversario, coa disputa do primeiro encontro de exhibición de balonmán en cadeira de rodas entre o combinado nacional e o ICB Coruña, o único clube que disputa esta modalidade deportiva en Galicia. O encontro do XV Memorial Víctor Lis dará comezo ás 12:45 horas no Pavillón Municipal de Coia, coa interpretación do himno español e galego nos prolegómenos. O rexedor trasladoulles na súa visita o apoio a un evento de "gran relevancia para o deporte vigués".
luns, 4 dec 2023
Abel Caballero anunciou este luns que o Concello está a contar coas direccións dos colexios da cidade para entregarlles as listas dos estudantes adxudicatarios das bolsas de comedor de cada centro. “Estamos xa co final da tramitación das bolsas de comedor”, afirmou o alcalde ao lembrar que o goberno local destina máis de 2.000.00 de euros a unhas axudas que reciben máis de 3.000 escolares.