Comezan as obras de construcción do primeiro cemiterio ecolóxico en Pereiró

martes, 3 dec 2024

Abel Caballero anunciou o inicio, este martes, das obras de construción do cemiterio ecolóxico en Pereiró. Cun investimento de 136.517 euros, o proxecto articúlase ao redor de tres espazos: unha área de cerimonia para as despedidas e outras dúas destinadas ao enterramento das urnas ecolóxicas-biodegradables ao pé de arbustos de buxo e para esparexer de forma controlada as cinzas.

Cinco millóns de cupóns da ONCE do luns 9 de decembro difunden a imaxe da rúa do Príncipe

martes, 3 dec 2024

Vigo protagonizará o luns 9 de decembro o sorteo da ONCE. A iniciativa que difundirá a imaxe da rúa do Príncipe a través dos 5 millóns de cupóns que saen á venda foi destacada polo alcalde durante o acto de presentación da iniciativa na que participaron o responsable en Galicia da Organización Nacional de Cegos, Manuel Martínez Pan, e o director da delegación de Vigo, Roberto Gaspar. "Como está Vigo no cupón vaise vender o nunca visto", chanceou Abel Caballero.

O estudantado do CPR Maristas percorre as dependencias municipais no programa "Visita o teu Concello"

xoves, 28 nov 2024

O alcalde saudou este xoves aos 50 alumnos de sexto de primaria do CPR Maristas o Pilar que participaron na visita guiada ás principais instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". O Salón de Plenos onde a Corporación municipal celebra os plenos foi o escenario onde Abel Caballero trasladou ao estudantado a importancia do Concello no día a día da vida cidadá, así como na planificación de proxectos futuros que melloran a contorna urbana e a calidade de Vida. Máis de 2.500 estudantes de 50 colexios participan no programa.