O alcalde reúnese coa secretaria de Estado de Defensa
O alcalde e a primeira tenente de alcaldía de Vigo mantiveron esta mañá unha reunión coa secretaria de Estado de Defensa, María Amparo Valcarce García, no marco da feira Mindtech. Acto seguido, percorreron os stands de distintas empresas galegas que presentan as súas innovacións tecnolóxicas na cuarta edición da feira Mindtech, organizada por Asime.
