venres, 20 xuño 2025

Vigo aproba a prórroga do servizo do albergue municipal

venres, 20 xuñ 2025

A Xunta de Goberno deu luz verde á prorroga contemplada no contrato de servizos do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social cun importe de 1.028.108 euros. Tamén o goberno local aprobou o convenio de colaboración coa Asociación Misión del Silencio cun importe de 84.000 euros para o comedor social. “A máis importante política social de España está en Vigo”, declarou o alcalde.

A XLI Carreira Nocturna de San Xoán disputarase o luns 23 de xuño

venres, 20 xuñ 2025

Case 600 atletas sairán dende a Praza do Bicentenario ás 21:00 horas, rematando tras 7,7 quilómetros no Berbés. Trátase dunha das probas máis tradicionais do Circuíto Run Run Vigo, sendo a oitava das doce probas desta edición. A Nocturna de San Xoán conta co patrocinio do Concello de Vigo e está organizada pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA), fundada en 1984, ano dende o que se celebra de forma ininterrompida a proba, salvo en 2020 y 2021 por mor da pandemia do Covid-19.

Caballero felicita ao alumnado graduado da Escola de Imaxe e Sonido de Vigo

venres, 20 xuñ 2025

O alcalde participou no acto de clausura do curso da Escola de Imaxe e Sonido de Vigo onde 70 alumnos e alumnas dan o salto ao mercado laboral. Caballero felicitounos polo seu traballo ao longo da súa formación e puxo en valor o labor do profesorado. Estes estudantes son desde hoxe titulados en Animación 3D, realización de audiovisuais, caracterización e maquillaxe, sonido, VDJ, iluminación e produción.

As fontes de Aragón ilumínanse pola ELA e a FSHD

venres, 20 xuñ 2025

O Concello súmase á conmemoración do Día Internacional da FSHD (Distrofia muscular facioescapulohumeral) tinguindo de cor laranxa as fontes da rúa Aragón este venres 20 de xuño. Na noite seguinte, a do sábado 21 de xuño, as fontes de Aragón ilumínanse de cor verde no Día Mundial da ELA, Esclerose Lateral Amiotrófica, a terceira enfermidade neurodexenerativa máis frecuente trala demencia e a enfermidade de Parkinson