O MARCO expón ata setembro as creacións da artista arxentina Laura Lio
O Museo de Arte Contemporánea expón desde hoxe e ata o 21 de setembro as obras da creadora Laura Lio, reunidas na mostra “Savia e sangue”. O alcalde destacou a “sensibilidade” dos debuxos e esculturas da artista arxentina.

O alcalde animou este xoves á cidadanía de Vigo a visitar o “magnífico crisol” da arte que representan as obras da artista Laura Lio que permanecerán expostas ata setembro no museo MARCO, poñendo en valor as anotacións recollidas no libro “esporas”, realizadas pola artista como continuación dos debuxos e das esculturas.
O director do MARCO, Miguel Fernández Cid, destacou o valor sentimental de cada unha das creacións expostas en Vigo.
Laura Lío expresou o seu entusiasmo pola exposición do MARCO, que mostra, entre outras creacións, as do “activismo rueiro” xeradas na pandemia.

