Escoitar

A Fundación Laxeiro acolle a mostra "Litografías. Club da Estampa de Buenos Aires"

A Fundación Laxeiro acolle desde este mércores 18 de xuño e ata o domingo 21 de setembro a exposición “Litografías. Club da Estampa de Buenos Aires” con obras de José Otero Abeledo e Luis Seoane, e de vinte e tres artistas arxentinos, que foron publicadas en 1968.

mércores, 18 xuñ 2025

Abel Caballero asistiu hoxe á inauguración da mostra das litografías realizadas por 25 artistas do neoexpresionismo arxentino, entre os que se atopaban Laxeiro e Luis Seoane, que foron publicadas en Buenos Aires en 1968 polo Club da Estampa.

Os visitantes poderán observar o contexto artístico en que Laxeiro desenvolveu o seu traballo creativo a finais dos anos 60, con plena integración no ámbito arxentino da arte.

A exposición inclúe un texto do crítico de arte Leonardo Estarico, titulado “Variacións sobre o gravado”, no que repasa o proceso de creación da imaxe ao longo da historia e concretamente da técnica litográfica.

Artistas

A mostra recolle, ademais da obra de Laxeiro e Seoane, as creacións de Carlos Alonso; Eduardo Audivert; Libero Badii; Luis Oreste Balduzzi; Luis Barragán; Adolfo Bellocq; Juan Bordalejo; Carlos Cañas; Héctor A. Capurro; Juan Carlos Castagnino; Carlos da Mota; Alfredo de Vicenzo; Albino Fernández; Roberto González; Horacio Juárez; Naum Knop; Aurelio Macchi; José Manuel Moraña; Norberto Onofrio; Antonio Pujía; José Rueda, Abel Bruno Bersacci e Daniel Zelaya.

 

Descargar todas as imaxes