Escoitar

O Concello mellora a pasarela da praia de O Vao

O Concello inicia este martes a reparación e substitución da pasarela de madeira da praia de O Vao. Estará rematada na segunda semana do mes de xullo.

martes, 17 xuñ 2025

O plan do Concello para mellorar as infraestruturas dos areais de Vigo contempla o arranque hoxe das obras da pasarela de madeira da praia de O Vao, que estarán finalizadas en tres semanas, segundo avanzou o alcalde.

A zona máis deteriorada da rampla será sustituida por unha nova estrutura e no resto procederase á reparación. “Vai producir moi poucas molestias porque se vai a facer por tramos e de forma progresiva”, explicou Abel Caballero ao destacar que en tres semanas o areal de O Vao estará “en magníficas condicións”.

Descargar todas as imaxes