Caballero saúda ao alumnado do Amor de Dios nas festas do colexio
O alcalde saudou este venres ao alumnado do Colexio Amor de Dios con motivo das festas do centro. Recomendoulles que aproveiten o verán para realizar prácticas deportivas e afrontar o novo curso con dedicación ao estudo. Caballero lembrou aos estudantes de Secundaria a importancia de estudar inglés para acceder a unha das máis de 1.000 bolsas municipais para a aprendizaxe do idioma en Irlanda e no Reino Unido.
