Escoitar

A EMAO imparte sete cursos formativos este verán

O alcalde informou este xoves da oferta formativa estival da Escola Municipal de Artes e Oficios que abre período de inscrición o vindeiro luns, 16 de xuño. A Escola Municipal de Teatro tamén imparte dúas formacións no mes de xullo.

xoves, 12 xuñ 2025

A Escola Municipal de Artes e Oficios ofrece 7 cursos gratuítos de varias disciplinas, para un total de 71 alumnos, que se desenvolverán entre o 4 e o 22 de xullo en horario de mañá.

Tal e como explicou Caballero, a formación permitirá “·aprender oficios con tanta tradición en Vigo” e será impartida por profesorado da EMAO, cunha duración de 36 horas cada curso e con inscrición gratuíta, que debe facerse desde o luns 16 de xuño ao luns 23 de xuño mediante o correo electrónico emao@vigo.org.

As persoas interesadas poderán solicitar os seguintes cursos:

- Artesanía en coiro. O alumnado fará un bolso típico dos pastores. Do 7 ao 16 xullo de 9.30-14 horas

- Pleneirismo. Parte 2. Debuxo artístico e pintura, estudando aos mestres da pintura e o debuxo ao natural. Do 7 ao 17 xullo de 9-13h

- Ourivaría con materiais naturais e reciclados. Creación de xoias e obxectos con materiais naturais e reciclados. Do 7 ao 17 xullo de 9.30-13:30 horas.

- Confección a toda cor. Serigrafía artística, moda e confección. Do 7 ao 17 xullo de 9-13 horas.

- Reparación e mantemento de instrumentos de vento tradicionais (gaita, pito, requinta). Do 7 ao 17 de xullo de 10-14 horas.

- Banco de carpinteiro. Coñecer ferramentas e técnicas que permitan utilizar a ferramenta manual da carpintería. Do 7 ao 22 xullo de 10 a 13 horas.

- O gravado e bordado, traballo creativo sobre papel. Do 4 ao 16 xullo de 10 a 14 horas.

Cursos da Escola Municipal de Teatro

A Escola Municipal de Teatro ofrece dous talleres monográficos formativos no mes de xullo:

- A arte de transformarse: maquillaxe escénica e maquillaxe de efectos especiais, impartido por Diego Valeiras. Será o martes 1 de xullo de 17 a 21 horas.

- Encontro con Antonio Durán “Morris”, o xoves 3 de xullo de 17 a 21 horas.

A inscrición comeza o vindeiro luns, 16 de xullo e poderá realizarse ata o 23 de xuño por correo electrónico, na dirección em.teatro@vigo.org, e aboar a taxa correspondente.

Descargar todas as imaxes