Caballero participa nunha nova edición de Faro da Escola
O alcalde acudiu á entrega de premios de Faro da Escola, onde o galardón do "mellor xornal" foi para a Aula do Hospital Álvaro Cunqueiro. No pavillón de Navia déronse cita ao redor de 1.400 estudantes de 40 colexios da provincia de Pontevedra onde amosaron o seu traballo na realización dun xornal. Caballero explicoulles que "deben sentir orgullo" de ser bos e boas estudantes" e agradeceu ao profesorado o seu labor na docencia e implicación co alumnado e co proxecto promovido por Faro de Vigo.
