Escoitar

O Vigo en Inglés suma 93 novas prazas

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a subvención nominativa mediante convenio ao Club Deportivo Amfiv, cun importe de 65.000 euros.

xoves, 12 xuñ 2025

Abel Caballero explicou esta mañá que a Xunta de Goberno aprobará a modificación do contrato do programa Vigo en Inglés, o que permitirá ofertar 93 novas prazas no programa para este ano. Este ano gozarán da bolsa 1.020 estudantes de 4º da ESO, xa que estas novas prazas súmanse ás 927 da convocatoria, xa que “a demanda foi máis alta”.“Unha vez aprobadas as listas definitivas, as familias terán que aceptar a praza”, recordou Caballero, sinalando que o importe do programa é de 3,3 millóns.

Subvención ao Amfiv

A Xunta de Goberno Local tamén aprobará mañá a subvención nominativa mediante convenio ao Club Deportivo Amfiv, para o desenvolvemento da súa actividade como entidade de elite. O importe é de 65.000 €. O Amfiv disputou esta tempada a División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas, onde logrou a permanencia e tamén xogaron competición europea, o que supón un valor importante para a promoción do deporte vigués.

Descargar todas as imaxes