Escoitar

O alcalde celebra a licitación do último tramo da alta velocidade entre Vigo e Oporto

O Ministerio de Transportes vén de sacar a licitación a redacción do estudo informativo do tramo que quedaba pendente da Saída Sur, o que discorre entre O Porriño e a fronteira portuguesa.

venres, 13 xuñ 2025
Imaxe de arquivo da reunión técnica celebrada en febreiro
Imaxe de arquivo da reunión técnica celebrada en febreiro

“O Ministerio de Transportes segue cumprindo coa cidade de Vigo”, apuntou Caballero este venres, ao dar conta deste novo trámite administrativo que supón que o Ministerio “está a cumprir os prazos que pactamos na última reunión”, celebrada o 19 de febreiro deste ano 2025, cando os técnicos se comprometeron co Concello a que o estudo informativo sairía antes de 6 meses.

O Ministerio de Transportes licita por case un millón de euros a redacción do estudo informativo do corredor atlántico da alta velocidade no tramo que discorre entre O Porriño e a fronteira portuguesa, que é o último pendente na parte española do AVE entre Galicia e OPorto. O rexedor lembrou que xa está en tramitación o tramo do tren de alta velocidade ata O Porriño e agora o sae o último tramo ata o río Miño. Os traballos terán un prazo de execución de 24 meses.

Descargar todas as imaxes