Escoitar

Publicados os listados de admisión das escolas infantís municipais para o próximo curso

O alcalde avanzou que as resolucións xa están publicadas na web de Educación do Concello. Aínda están vacantes algunhas prazas na quenda de mañá e máis na de tarde. O Concello subvenciona a totalidade do custo das escolas infantís municipais, incluído o servizo de comedor.

martes, 17 xuñ 2025

Xa se poden consultar as admisións nas escolas infantís municipais para o curso 2025/2026. O Concello vén de resolver a convocatoria ordinaria onde houbo 319 solicitudes. O alcalde explicou que aínda quedan algunhas vacantes na quenda de mañá e máis para a tarde, “polo que hai posibilidade de atopar praza nalgunhas escolas infantís municipais”.

Caballero lembrou que as escolas infantís municipais son completamente gratuítas, incluído o servizo de comedor. “Gratuidade pagada íntegramente polo Concello”, concluíu.

Descargar todas as imaxes