Escoitar

A Orquestra Clásica de Vigo pecha a programación do seu 40 aniversario na Concatedral

A Orquestra Clásica de Vigo pechará o vindeiro sábado 21 a programación especial, despregada desde setembro de 2024 para celebrar o 40 aniversario da súa creación, co concerto organizado na Concatedral de Santa María no “Día Europeo da Música”.

mércores, 18 xuñ 2025

Abel Caballero animou este mércores á cidadanía de Vigo a asistir o vindeiro sábado ao concerto con pezas de Mozart e Hydn, e a interpretación dos solistas Mauro Mariño e Jennifer López, organizado pola Orquestra Clásica de Vigo na Concatedral para a dobre conmemoración do final do ciclo de interpretacións das súas catro décadas de actividade e do “Día Europeo da Música”.

O rexedor felicitou á orquestra polas súas catro décadas de actividade e de “gran dinamizador da música” na cidade e pola calidade dos concertos cuxa audición representan “un pracer e unha sinfonía de sensacións”.

Programación

Manuel Martínez Álvarez-Nava, director artístico, acompañado por Manuel Martínez Torres, director técnico e responsable da programación da da Orquestra Clásica de Vigo, expresou, ante o alcalde e os concelleiros de Cultura e de Igualdade, Gorka Gómez e Ana Laura Iglesias, o agradecemento ao Concello polo seu apoio á programación anual de concertos. O responsable técnico explicou que o concerto do sábado, que comezará ás 21:00 horas, comparte o obxectivo de toda a programación da tempada desenvolvida desde setembro de 2024 de “compartir o noso amor e o noso traballo pola música”.

Descargar todas as imaxes