Vigo recibe hoxe ao Carteiro Real na caseta de Policarpo Sanz
martes, 26 dec 2023Os nenos que queren entregar en man as súas cartas dirixidas aos Reis Magos poderán facelo ata o vindeiro venres 5 de xaneiro.
Os nenos que queren entregar en man as súas cartas dirixidas aos Reis Magos poderán facelo ata o vindeiro venres 5 de xaneiro.
Abel Caballero inaugurou este venres , cos tenentes de alcaldía Carmela Silva e Javier Pardo, as novas ramplas de acceso ao centro de saúde de Teis e a humanización da rúa Ángela Iglesias Rebollar. As obras contaron cun orzamento total de 1.308.106 euros.
O alcalde informou esta mañá da adxudicación en Xunta de Goberno da redacción do proxecto básico e de execución do novo Estadio Municipal de Atletismo de Vigo, cun importe de 184.360 euros.
Abel Caballero participou este xoves no acto simbólico de celebración de fin de 2023 organizado no CEIP Altamar. Dirixiuse aos escolares para desexarlles un bo 2024 e recomendarlles que aproveiten o tempo do estudo. O alcalde compartiu con toda a comunidade educativa do colexio o son e a conta atŕás das 12 badaladas coas que festexaron o inicio dun novo ciclo. Caballero tamén realizou unha visita o colexio Otero Pedrayo.
O alcalde inaugurou este xoves a nova cuberta do Colexio Público Javier Sensat coa que se crean dous espazos de xogo. “Estamos enormemente satisfeitos de facer esta obra”, afirmou.
Instalaranse 20 carpas en diferentes puntos da cidade, que albergarán concertos de grupos e bandas, pasarrúas, actuacións de magos e pallasos e danza.
Abel Caballero presentou este mércores os obradoiros "Entre fiestras anda o xogo", organizados os días 2, 3 e 4 de xaneiro no espazo anexo do Museo de Arte Contemporánea. Está destinado a nenos de 3 a 12 anos e a participación é gratuíta.
O acordo para a revisión da Rede Transeuropea de Transporte inclúe a Vigo no Corredor Atlántico dentro da denominada Rede Básica, con finalización antes do ano 2030.
Abel Caballero anunciou este martes que o Hospital Ribeira Povisa recibirá en 2024 a Medalla de Ouro da cidade de Vigo en recoñecemento a cinco décadas da “grandísima” atención sanitaria prestada a miles de vigueses, así como á xeración de emprego como se constata na actualidade cun persoal de 1.500 traballadores.
O Concello adícalle un importe de 1.823.738 euros, aumentando en 510.968 euros, un 38%, con respecto ao curso pasado.