luns, 15 xan 2024
Abel Caballero recibiu hoxe no consistorio vigués a Carlos Vales Villamarín Merino, Director Comercial na cidade, e a Enrique de la Fuente Subiela, recentemente incorporado como Director de Zona de Galicia Sur. Neste encontro "contrastamos a fortaleza económica da área metropolitana de Vigo", como sinalou o rexedor, valorando "a capacidade de emprendemento; renovación e saír fortalecido das crises".
luns, 15 xan 2024
Abel Caballero apuntou este luns que durante a pasada fin de semana, de “prórroga” do Nadal, protagonizado polo apagado da iluminación navideña, o sector hostaleiro de Vigo rexistrou unha ocupación de preto do 50 por cento, superando en 40 puntos a unha situación habitual que conta con entre o 5 e o 10 por cento de reservas.
luns, 15 xan 2024
O goberno local aumentou nun 26% as achegas para axudas de emerxencia entregadas ao longo de 2023, alcanzando case 1,3 millóns de euros. Estas axudas con compatibles co Ingreso Mínimo Vital, segundo lembrou Caballero.
venres, 12 xan 2024
O alcalde acudiu á toma de posesión do novo subdelegado do Goberno de España na provincia de Pontevedra, Abel Losada. O alcalde respaldou así ao exedil de Vigo que comeza unha nova etapa ao fronte da subdelegación estatal. Caballero aplaudiu o discurso de Losada, que fixo fincapé na importancia de seguir na loita contra as violencias machistas, entre outros temas.
venres, 12 xan 2024
O rexedor reclama á Xunta información diaria sobre a crise dos pellets e solicita colaboración na prevención porque “na crise da marea plástica a Xunta de Galicia non fixo practicamente nada nas 56 praias de Vigo”. Trasladou o seu agradecemento aos voluntarios.
xoves, 11 xan 2024
Caballero recibiu á directiva viguesa da Asociación Profesional Xuíces e Xuízas para a Democracia, representada por Julio Picatoste e María Teresa Conde-Pumpido. No encontro trasladáronlle o alcalde a iniciativa para realizar o seu congreso nacional en Vigo, sobre o que o alcalde sinalou que "estaremos encantados de recibilos", refrendando que na cidade "sentirémonos moi honrados de que celebren aquí o seu congreso".
martes, 9 xan 2024
O dispositivo municipal despregado realiza varias inspeccións ao día, “sen detectar, ata o momento, pallets de plástico”. O rexedor destacou que “onte a tarde recibín unha carta do conselleiro do Mar na que nos trasladaba o protocolo de actuación, 23 días despois do accidente”.
luns, 8 xan 2024
A media de ocupación hoteleira do mes de decembro acadou o 77,91 por cento, “o mellor dato desde que hai rexistros do INE” e o Belén Monumental da Casa das Artes foi visitado xa por 115.000 persoas.
xoves, 4 xan 2024
A exconcejala Uxía Blanco anunciou este xoves a súa decisión de non asumir o cargo de concelleira, que lle correspondía tras o nomeamento do edil Abel Losada como subdelegado do Goberno en Pontevedra, para centrarse na súa retomada carreira como actriz de cinema, xa que nestes momentos conta con importantes proxectos de interpretación. Ante esta despedida da política, Abel Caballero destacou o traballo desenvolvido desde 2015 por Blanco como concelleira de Igualdade e Cultura nos sucesivos gobernos municipais.
xoves, 4 xan 2024
Abel Caballero anunciou este xoves que o apagado das luces de Nadal terá lugar a fin de semana do 13 e 14 de xaneiro. O Concello atende á petición dos hostaleiros de aproveitar a afluencia de visitantes para desenvolver o turismo de compras en Vigo.