O goberno local reforza o servizo de bus urbano con lanzadeiras durante O Marisquiño
O alcalde acudiu á presentación da ampliación dos servizos de mobilidade xunto á organización de O Marisquiño, Renfe, a naviera Mar de Ons e Vitrasa. O servizo de bus urbano funcionará o venres de 15:00h a 23:00h e sábado e domingo de 11:00h a 23:00h, cunha frecuencia de paso de 15 minutos.

A cidadanía e visitantes que queiran asistir este ano á XXV edición de Ou Marisquiño contarán con máis posibilidades de transporte público que nunca para achegarse a gozar das probas do festival. O Concello de Vigo pon en marcha xunto a Vitrasa un servizo de lanzadeiras para achegarse ata a praia de Samil, amais de reforzar os servizos xa existentes.
O servizo funcionará o venres de 15:00h a 23:00h e sábado e domingo de 11:00h a 23:00h, cunha frecuencia de paso de 15 minutos. Haberá paradas en puntos estratéxicos da cidade conectados con tren e barco, como o centro comercial A Laxe. Tamén haberá un reforzo durante todo o día as liñas regulares que finalizan en Samil, e pola noite, estenderase a liña nocturna para facilitar o regreso desde a parada situada xunto aos dous escenarios musicais.
"Necesitamos transporte público y eficiente, desde la ría, desde toda España y en Vigo para a mobilización das persoas", afirmou o rexedor, que valorou posivitamente a colaboración entre as empresas, o festival e o Concello.
Renfe e Mar de Ons
A compañía ferroviaria Renfe e a naviera Mar de Ons tamén participan nesta edición de O Marisquiño. Renfe sumará un 10% de desconto nos traxectos a Vigo. Pola súa banda, a naviera operará con barcos máis grandes e habilitará servizos nocturnos.

