Abertas as visitas guiadas á Fortaleza do Castro con novos horarios
O alcalde valorou o programa de visitas gratuítas posto en marcha polo Concello trala obra de musealización de 2022 pola achega que ofrece á historia da cidade. “Merece a pena; é extraordinario gozar da gran defensa de Vigo”.

As visitas guiadas regresan á Fortaleza do Castro para amosar a súa historia, visitar os túneles e coñecer detalles de como se defendeu a cidade ao longo da historia. O alcalde explicou este martes o procedemento para reservas as visitas guiadas, da man dun historiador, que ao seu entender é unha experiencia que “merece a pena: é extraordinario gozar da gran defensa de Vigo, unha marabillosa forma de achegarnos á historia de da cidade. Visitar o túnel de entrada é impresionante”.
As visitas distinguen varios itinerarios agrupados en 2 bloques principais, para tódolos públicos e para familias. O programa para todos os públicos (máximo de 25 persoas por itinerario) ofrece TRES opcións:
- Itinerario I: A construción da Defensa de Vigo
- Itinerario II: 1719. Invasión e Asedio de Vigo
- Itinerario III: De Fortaleza do Castro ao Castelo de San Sebastián: A muralla de Vigo.
O programa de visitas familiares “A procura dos edificios perdidos” está pensado para familias con nenos e nenas de 5 a 12 anos.
As visitas guiadas á Fortaleza do Castro, que son gratuítas, deben reservarse na web fortalezadeocastro.vigo.org, agora cos horarios de xullo a setembro dispoñibles:
-Luns pechado
- Martes a venres:
▪ Itinerario I de 11 a 12.30
▪ Itinerario II de 12.30 a 14:00
- Fin de semana - sábado:
▪ Itinerario I de 11 a 12.30
▪ Itinerario II de 12.30 a 14:00
▪ Itinerario III de 17:00 a 20:00
- Fin de semana – domingo:
▪ Actividade para familias de 11 a 12:30
▪ Itinerario II de 12:30 a 14:00