Escoitar

O Concello celebra o Día de Galicia co pregón de Rosa Mallo Alonso

O Pazo de Castrelos acollerá a celebración o vindeiro martes, 22 de xullo, ás 20 horas da tarde e contará coa responsable da Unidade de Mama da Área Sanitaria de Vigo como pregoeira.

martes, 15 xul 2025

O alcalde avanzou este martes que a cidade celebrará o Día de Galicia a próxima semana no xardín inglés do Pazo de Castrelos. O martes 22 de xullo ás 20 horas da tarde desenvolverase o acto no que Rosa Mallo Alonso, lerá o pregón.

Abel Caballero puxo en valor a calidade profesional de Rosa Mallo Alonso, responsable da Unidade de Mama da área Sanitaria de Vigo, quen leva case quince anos á fronte da Unidade, que é pioneira en Galicia, e trata numerosos casos ao ano. É Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela e continúa o seu labor investigador sobre esta enfermidade.

Descargar todas as imaxes