martes, 30 xan 2024
O goberno municipal procederá a iniciar o abono das bolsas de libros en datas próximas, xa que o se está avanzando rápido no proceso de validación e tramitación das solicitudes. Así o confirmou este martes o alcalde ao lembrar que a subvención municipal a cada estudante ascende a 205 euros.
venres, 26 xan 2024
A Xunta de Goberno aprobou este venres 12 proxectos cos que se amplía a rede en malla do servizo de abastecemento da auga. “Seguimos ampliando o mallado da rede”, afirmou Abel Caballero ao explicar que o investimento nas novas obras ascende a 900.000 euros.
venres, 26 xan 2024
O Concello duplicará este ano a axuda ao comedor "Virxe de Lourdes", da Misión do Silencio situado na rúa Urzáiz, xa que recibirá este ano 80.000 euros.
mércores, 24 xan 2024
O alcalde anunciou este mércores que o sábado 6 de febreiro comezarán en Vigosónico as actividades formativas da Academia. Detallou que se prolongarán durante os meses de febreiro, marzo e abril. Os interesados poden inscribirse a través da web de Xuventude.
martes, 23 xan 2024
Abel Caballero detallou este martes aos alumnos do CEIP O Pombal, que participan no programa "Visita o teu Concello", as xestións e competencias que desenvolve a administración municipal para facilitar e mellorar a vida da cidadanía de Vigo. Lembrou que no ámbito educativo o goberno local favorece axudas de libros escolares por un importe de 205 euros por alumno censado na cidade olívica, e promove o coñecemento e as habilidades na aprendizaxe do inglés coas becas que mobilizan cada ano a 1.000 estudantes.
martes, 23 xan 2024
Abel Caballero presentou este martes a programación de Vigocultura do primeiro trimestre de 2024, que contará cun total de 28 funcións ata o día 28 de abril. Adiantou que a rúa do Príncipe será escenario, o vindeiro sábado 3 de febreiro, do primeiro espectáculo coa representación de “O Bosque Viviente”, de Sarao Produción e Animación.
venres, 19 xan 2024
Abel Caballero anunciou este venres que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 23 de xaneiro o convenio para construír o Instituto de Navia. Lembrou que o goberno municipal reclama desde 2020 á Xunta a construción dun centro que evitará aos escolares da zona realizar percorridos diarios de ata 8 quilómetros para asistir a clases noutros institutos.
venres, 19 xan 2024
A Xerencia de Urbanismo do próximo martes 23 de xaneiro aprobará o convenio coa promotora do proxecto residencial do Barrio do Cura sobre o edificio denominado “Ardora”, con forma de serpe, polo que o 30 por cento das vivendas serán de protección. Así o anticipou este venres o alcalde.
venres, 19 xan 2024
Os traballos para construír o saída sur ferroviaria de alta velocidade en túnel, de Vigo ao Porto, avanzan coas sondaxes arqueolóxicas en Bembrive. Así o avanzou o alcalde ao constatar a progresión dos estudos.
venres, 19 xan 2024
Abel Caballero anticipou este venres que o Concello remitiu á Deputación de Pontevedra o convenio para construír a Bancada de Gol, e que concertará unha reunión co responsable do ente provincial para abordar os investimentos para realizar en Vigo.