mércores, 7 mai 2025
O alcalde animou aos 520 alumnos os CEIPs Vicente Risco, Virxe do Rocío, Canicouva, Atalaia Cantabria, Mariano Franciscanas, San Salvador, Otero Pedrayo, O Sello, Josefa Alonso, Seis do Nadal, Castelao, Coutada Beade e o CPR Barreiro, que participaron este mércores no concerto didáctico "Isto non é un concerto!", a cargo do profesorado da Escola Municipal de Música de Vigo, a gozar tanto da música como da aprendizaxe da interpretación dun instrumento. Os concertos didácticos que comezaron hoxe coa participación do estudantado de 3º,4º e 6º de Educación Primaria, prolongaranse os días 8, 12 e 13 de maio no Auditorio Municipal de Vigo.
mércores, 7 mai 2025
O alcalde explicou á veciñanza da Asociación da Miñoca e ás persoas anotadas ao través do servizo 010 que participaron este mércores no paseo pola ría, programado dentro de "Vigo, cidade amiga dos maiores", o contido da iniciativa municipal que lles permite aumentar o coñecemento da riqueza do medio mariño baixo a guía dos biólogos e dos expertos que dirixen a embarcación "Nautilus". Abel Caballero destacou a observación a través do dron mariño á vez que os animou a gozar do novo percorrido deseñado este ano para ampliar o coñecemento da ría.
mércores, 7 mai 2025
Abel Caballero trasladou este mércores o compromiso do goberno municipal de Vigo para seguir potenciando a práctica do ciclismo na presentación da quinta edición da Copa Vigo, que o vindeiro domingo 18 de maio pecha a Copa de España de ciclismo Elite e Sub-23.
martes, 6 mai 2025
O servizo de limpeza de praias de Vigo, que se despregará durante toda a tempada estival, xa está operativo, segundo anunciou o alcalde ao explicar que os medios que utilizará o Concello permitirán á cidadanía contar cuns areais “impolutos”.
martes, 6 mai 2025
O alcalde anunciou que se enviou unha carta ao conselleiro de Emprego ante a desconformidade coa valoración da Xunta, que se outorga 31,4 millóns e 1,6 ao Concello. “Tómanos o pelo”, dixo Caballero.
luns, 5 mai 2025
Abel Caballero saudou este luns aos 15 alumnos de terceiro de Educación Secundaria que participan no programa Erasmus do Colexio Losada, entre os que se atopan 7 estudantes residentes na localidade francesa de Avignon. O alcalde animounos a gozar da visita organizada para coñecer os escenarios clave da cidade e de forma especial o xacemento e os túneles do Castro.
luns, 5 mai 2025
Abel Caballero e o Delegado do Goberno en Galicia participaron este luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra de humanización da Avenida de Madrid que conta cun orzamento de 16,8 millóns de euros.
venres, 2 mai 2025
O alcalde anunciou este venres, despois de percorrer o parque de bombeiros Sergio Sanlés coa primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, e o xefe de Bombeiros, Guillermo Domínguez, que as novas instalacións estarán operativas en 10 días. Abel Caballero, tras recordar os 3 millóns de euros investidos, recalcou o salto cualitativo que se rexistra con respecto á antiga dotación do Servizo de Extinción de Incendios de Balaídos. "É unha dimensión completamente distinta", afirmou.
venres, 2 mai 2025
Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo acudirá o luns 12 de maio á sede da Real Federación Española para “esixir toda a información” sobre o proceso de selección de sedes. Este encontro “é preparando o proceso xudicial” para que a Federación “repoña a Vigo como sede porque Vigo gañouno”.
mércores, 30 abr 2025
O alcalde chamou este venres á cidadanía, e especialmente ás familias, a anotar nas súas axendas de lecer a "X Andaina polos montes de Vigo", programada para o vindeiro domingo 11 de maio, incluída no programa municipal de educación ambiental "Camiño a Camiño". Os 1.000 participantes previstos percorrerán o Parque Forestal do Vixiador, na Comunidade de Montes de Candeán, en roteiros de 20, 12 e 6 quilómetros, aos que se suma o de 2 quilómetros para os nenos.